O turismo rural achaca a crise en Galicia

As casas de turismo rural de Galicia rexistraron este verán as peores cifras de ocupación dos últimos anos. O peor dato corresponde ao mes de xullo, cando a ocupación baixou un 42% con respecto a anos anteriores. No mes de agosto, o descenso foi menor (25%) pero tamén preocupante.

A crise, pois, azouta a todos os sectores pois tamén os cámpings e o turismo convencional rexistraron menos clientes que noutras campañas. Ademais de menos pernoctacións, reduciuse o gasto que realizan os visitantes.