O Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro repartirá 5.000 euros entre os gañadores

O Concello de Lalín vén de convocar a XV edición do Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, que este ano aumenta a dotación do primeiro premios aos 5.000 euros, que recaerá no mellor traballo publicado en medios de comunicación e outras publicacións sobre temas relacionados coa gastronomía galega nos últimos dous anos. O prazo de presentación de candidaturas remata o 31 de decembro.
Poderán tomar parte neste concurso os escritores, xornalistas e particulares que publicaran artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías, comentarios ou páxinas web, tanto en galego como en castelán sobre temas relacionados coa gastronomía galega e que non foran premiados anteriormente.
Ademais do primeiro premio, mantéñense os accesits dotados con 1.000 euros cada un nas categorías de traballo xornalístico escrito publicado en medios impresos ou libros, traballos ou publicacións sobre gastronomía galega; traballo xornalístico emitido en radio e televisión; e páxina web con contidos adicados á gastronomía ou traballo gráfico publicado en medios de comunicación.