O Barbanza promociona os seus recursos turísticos en Barcelona

Os concellos que conforman a Mancomunidade Arousa Norte, esto é, Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo, van trasladar á cidade condal todos os seus atractivos turísticos nunhas xornadas pioneiras que rematarán cunha gran festa no Centro Galego de Barcelona. Os barceloneses poderán coñecer, así, todo o potencial desta puxante comarca coruñesa. Será os días 7, 8 e 9 de novembro cun programa que inclúe unha gran cea a base de mariscos doados polas confrarías de pescadores da zona. Tamén se celebrará un foro coa participación de xornalistas, turoperadores (galegos e cataláns) e empresarios e o sorteo dunha viaxe á comarca barbanzana entre todos aqueles que visiten o stand de Arousa Norte. Se a iniciativa ten éxito, repetirase en anos vindeiros.