Novos títulos de FP de Técnico en Cociña e Gastronomía e Técnico en Panadaría, Repostaría e Confeitaría

O Consello da Xunta aprobou os decretos que regulan os seis novos títulos de Formación Profesional que entran en vigor este curso.

Entre eles atópanse os de Técnico en Cociña e Gastronomía e o de Técnico en Panadaría, Repostaría e Confeitaría. Son ciclos formativos de grao medio. O de Cociña e Gastronomía establece que as competencias xerais deste título consisten en executar as actividades de preelaboración, preparación, conservación, terminación e presentación e servizo de todo tipo de elaboracións culinarias no ámbito da produción en cociña.

Pola súa banda, o de Panadaría reside na capacidade de elaborar e presentar este tipo de produtos conducindo as operacións de produción, composición e decoración, en obradoiros e establecementos de restauración.