Nace Camino de Santiago. Revista Peregrina

Nace unha nova revista sobre o feito xacobeo. Trátase de “Camino de Santiago. Revista Peregrina”, unha publicación bimensual dirixida por Carmen Pugliese e que ten, entre os seus colaboradores, ao vicepresidente de Agaxet, Antón Pombo.

Os quioscos de toda España xa a teñen ao seu dispor, un número 1 que sae con cen páxinas e un prezo de 4,5 euros. Está editada por “Pseudo Turpín”.