Entra albariño de Portugal

A redución da colleita deste ano en Rías Baixas fai saltar as alarmas que, ano tras ano, espertan as sospeitas sobre a orixe da uva albariña que chega ás adegas das cinco subzonas desta D.O. Nesta ocasión é o sindicato Unións Agrarias quen denuncia a entrada de uva foránea na denominación, concretamente procedente de Portugal.

O Consello Regulador, pola súa banda, asegura que os veedores que se desprazan a cada unha das subzonas para controlar o proceso de transporte e entrada de uva nas adegas garanten que esas transaccións non se dan pero colleita tras colleita son moitas as voces que alertan dos trasvases de uva entre as dúas beiras do Miño.

As sospeitas refórzanse pola cercanía de vilas como Vila Nova de Cerveira e Goián, Monçao e Salvaterra ou Melgaço e Arbo, unidas por senllas pontes.