As vantaxes do atún, en Vigo con Corazón

Interatún celebra o sábado, 27 de setembro, as xornadas Vigo con Corazón, cunhas carpas instaladas no treito peonil da rúa Urzáiz. Con estas xornadas dará comezo a campaña “Atún, san de corazón”, desenvolvida por Interatún xunto co FROM e financiada con fondos da Unión Europea.

“Atún, san de corazón” ten como obxectivo informar aos cidadáns sobre os beneficios do atún e sobre todo das súas conservas, como alimento indispensable para levar unha dieta saudable que axude a previr e paliar as enfermidades cardiovasculares. Ao longo do mes de outubro, percorrerá as principais cidades galegas.