O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle, do 19 ao 21 de setembro, o Salón Internacional da Caza, a Pesca e as Actividades da Natureza, Sidenatur. Esta feira ofrece aos visitantes a posibilidade de coñecer as últimas novidades en complementos de caza, pesca, deportes e todo tipo de actividades relacionadas coa natureza. O obxectivo é crear un marco de intercambio empresarial e comercial entre usuarios e empresas e institucións.
Así mesmo, preténdese potenciar o coñecemento e a práctica de todas as actividades que se desenvolvan neste medio, contribuíndo a que os máis xóvenes aprendan a respectar o equilibrio do seu entorno. Completarán esta perspectiva divulgativa toda unha serie de actividades en espazo cuberto como exposicións ou exhibicións de cetrería.