As tapas e a danza son parella en Pontevedra

A Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra, a Dirección Xeral de Turismo e o Concello de Pontevedra, co obxecto xeral de promocionar a cidade de Pontevedra, a súa riqueza e variedade gastronómica, veñen de pór en marcha o I Festival de Tapas e Danza, que terá lugar o vindeiro sábado, 4 de outubro. Con esta iniciativa búscase ademais fomentar a participación dos establecementos hostaleiros da cidade, achegar a variedade gastronómica da comarca a outros profesionais e ao público en xeeral e propiciar o achegamento a unha maior profesionalización do sector, ao tempo que ofrecer ao sector unha medida de desestacionalización da demanda. A programación inclúe actuacións en diferentes prazas da cidade, nas que os establecementos hostaleiros ofecerán unhas tapas especiais. Os locais participantes optarán ao premio do I Concurso de Tapas.