A ARZAK gústalle a carne galega

O cociñeiro vasco Juan Mari Arzak adquiriu parte dun boi galego que se sacrificou no matadoiro de Bandeira (Silleda). Esta carne, moi aprezada e procedente da zona de Verín, ten un prezo superior aos corenta euros o kilo. A compra foi posible grazas á amistade que une ao mediático chef cos propietarios do restaurante Casa O Barqueiro, de Negreira.

Rogelio e Francisco Rial reciben a visita de Arzak a miúdo e foi nun destes encontros cando se tratou a compra dun dos lombos do animal, que viaxou cara o seu restaurante de Donosti.