Verín acolle unha xornada sobre viños de calidade

A localidade ourensá de Verín acollerá o vindeiro 3 de setembro a “Xornada técnica sobre os factores influintes na elaboración de viños tintos de calidade”, organizada pola Consellaría do Medio Rural e á que se prevé que asistan unhas cincuenta persoas. O encontro está destinado a persoal da Consellaría de Medio Rural relacionado coa viticultura, membros das empresas acollidas nos diferentes Consellos Reguladores das D.O. galegas, técnicos, enólogos, produtores e adegueiros.

Abordaranse temas de interese para o sector como o estudo e cultivo de vides, técnicas de elaboración de viños tintos, a influenza de factores culturais na calidade das uvas Mencía e Tempranillo ou as técnicas de envellecemento acelerado do viño.