Medio Rural restaura dez camiños históricos en ourense e un foxo de lobos en bande

A Consellaría do Medio Rural restaurou dez camiños históricos da provincia de Ourense e un foxo de lobos construido nos momtes do concello de bande, así como outros elementos patrimoniais forestais para o seu uso como espazos de ocio e lecer.

Entre os elementos recuperados cabe salientar a zona coñecida como A Chousiña, en Parderrubias ( A Merca), onde se eliminou un vertedoiro, construeuse unha ponte e procedeuse a limpeza da Ruta dos Lavadoiros.

Outras actuacións en marcha semellantes son a do Camiño dos Muíños, no río Gato, en Cartelle e nos Foxos dos Lobos construidos entre Bande e Rairiz de Veiga.

En futuras actuacións está prevista a posta en valor da Ruta das Casas de Neve, en Monte Meda, limítofe con varios concellos da Ribeira Sacra, para recuperar os recintos medievais nos que os monxes recollían a neve para conservar os alimentos.