Máis seguridade en Alvedro

O plan director do aeroporto coruñés de Alvedro priorizará a dotación de máis e mellores sistemas de seguridade fronte á ampliación da pista. Así o explicou o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, quen sinalou que, en todo caso, os aeroportos galegos xa contan coa “máxima seguridade”. Agárdase que a pista se amplíe en cincocentos metros na vía pola que despegan e aterrizan os avións cara a cabeceira 04.

Outra das melloras recollidas no plan é o método antinéboa ILS de categoría 3 que, cando estea en pleno funcionamento, reducirá o número de voos que deban ser desviados a outros aeródromos por mor dese fenómeno meteorolóxico.