The Guardian traslada ao público británico a singularidade de Ribarteme

O diario británico The Guardian realizou unha reportaxe sobre a romaría de Santa Marta de Ribarteme (As Neves), situándoa como o segundo evento destas características máis curioso do mundo.

O tradicional desta festa é que fieis ofrecidos participen na procesión dentro de ataúdes, conducidos polos seus familiares e amigos. A romaría, que se celebra o 29 de xullo, é un dos eventos polos que é máis coñecido o municipio pontevedrés de As Neves e en torno ao que xira a promoción do concello en Fitur, xunto coas festas do requesón e o viño de Rubiós.