Galicia ten vinte veces máis bares que farmacias

No hai localidade ou estrada en Galicia que non estea pragada de bares pero algo moi distinto sucede con outros servizos igual ou máis necesarios para os cidadáns. Segundo recolle Galicia Liberal, na actualidade no país existe unha farmacia por cada 2.200 habitantes, un total de 1.271, pero o número de actividades rexistradas en restauración e bares multiplica por 20 esta cifra, ata chegar ás 26.473, segundo o Anuario Económico de España 2008.

Galicia duplica neste eido a media estatal, xa que en España cada municipio ten, de media, 43 locais deste tipo, mentres que en Galicia alcanza os 84. En canto a farmacias, o municipio medio galego ten catro.