Fisterra dispón dunha lonxa que permite recibir visitas turísticas

O porto de Fisterra (A Coruña) dispón dunha nova lonxa que se caracteriza por ser a primeira rula de Galicia que conta cun espazo propio para recibir visitantes mentres se desenvolven as actividades diarias. Os visitantes son dirixidos á planta alta da lonxa e recibidos nun vestíbulo acristalado, a dobre altura, cun chan que se prega ata acadar un metro sobre o nivel de subhasta e constitúe unha primeira área de observación.

Tamén existen dúas pasarelas que cruzan o recinto de exposición e venda de peixe, e que se unen no outro extremo nunha sala de mostras, o que permite realizar un percorrido en círculo no que se combinan a observación da actividade da lonxa coa documentación e información complementaria.