Citas relixiosas do Calendario Festivo de Setembro

Nin a choiva nin o sol son impedimentos para que os fieis se acheguen á Pobra do Caramiñal (A Coruña) o terceiro domingo de setembro, sobre todo aqueles que teñen que cumprir unha promesa. En moitos casos, estes ofrecementos supoñen facer o percorrido da procesión dentro dun ataúde, cando o penitente correu un perigo de morte. Outros penitentes elixen o hábito de nazareno para seguir a procesión durante kilómetros portando unha vela. A das Mortallas é a procesión máis luctuosa que se celebra en Galicia e, posiblemente, a máis concorrida.

Outro caso é o de San Andrés de Teixido, romaría que se celebra o primeiro domingo de setembro nunha paraxe incomparable da costa do Cantábrico. Non será a única que ten lugar esa fin de semana. Unha declarada de interese turístico é a romaría da Nosa Señora da Barca onde os fieis veneran á virxe e ás pedras que a rodean; é o caso da pedra de Abalar, a dos Cadrís ou a do Timón. Outro punto de interese está na vila de Rianxo, coa Virxe de Guadalupe, onde dende hai 150 anos se lle canta á moreniña a súa canción.

Na provincia de Pontevedra celébranse as romarías de Os Milagres de Amil (Moraña), a da Franqueira (A Cañiza) e as Danzas ancestrais de Cangas. Un percorrido de festas marianas que remata no concello ourensán de Reiriz de Veiga coa romaría de A Saínza.