A Academia Pontificia Galega traballará para impulsar as rutas xacobeas

A Academia Pontificia de Galicia, que nace baixo o auspicio auriense-mindoniense, propón, entre os seus obxectivos, impulsar as diferentes rutas xacobeas que percorren o noso país, especialmente de cara ao Ano Santo 2010. Aínda que a toma de posesión dos 24 académicos numerarios non terá lugar ata o 22 de novembro, a institución xa comezou a traballar coa aparición do primeiro número da revista Rudesindus, que ten como finalidade, entre outras, profundizar no estudo dos camiños.

Por outra banda, a Junta de Castela León vén de amosar o seu interese pola recuperación do Camiño de Inverno en Galicia. De feito, o comisario de Camiños de Santiago do goberno castelán entrevistouse coa presidenta da asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra para pedirlle información sobre a promoción que se está a realizar desta ruta no sur da provincia de Lugo.

Na entrevista falouse da posibilidade de coordinar as iniciativas que se levan a cabo en ambas comunidades para fomentar o aproveitamento cultural e turístico de la ruta. Este será un dos temas que se tratarán nas vindeiras xornadas sobre o Camiño de Inverno que se celebrarán en Monforte do 12 ao 14 de setembro.