Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 17 de julio de 2008

Xinzo de Limia elixe os mellores pratos con patacas

Vintecinco establecementos hostaleiros de Xinzo de Limia participarán, durante os próximos tres meses, nun particular concurso de tapas elaboradas co produto máis senlleiro da zona: a pataca. Veciños e visitantes terán a oportunidade de degustar diferentes pratos e decidir, finalmente, cal é o mellor.

A intención da organización, que corre a cargo do Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia e o Inorde, é potenciar este produto, tan básico nos nosos menús. Con esa finalidade tamén se convoca o I Salón Monográfico da Pataca, que terá lugar na vila ourensá en outono. Este salón substitúe a Expolimia, que se viña celebrando dende hai 10 anos, pero que quedara un pouco desfasada.