Vigo ensalza á sardiña e ao polbo

A cidade olívica celebra este sábado, 2 de agosto, unha nova edición da Festa da Sardiña, que terá lugar no Monte da Guía. A organización prevé servir uns 1.500 kilos deste peixe, que poderá degustarse acompañado duns 500 kilos de pan de millo. Tamén haberá tortillas, churrasco e empanadas de varios tipos.

Unha semana despois, o día 10, o Monte dos Pozos de Valadares acollerá unha nova edición da Festa do Polbo. Serviranse unhas 1.600 racións.

E as celebracións desta índole rematan do 8 ao 16 de agosto coa primeira edición da Mostra de Artesanía e Gastronomía, que se celebrará no Casco Vello.