Buscar/Hemeroteca

Cargando...

martes, 22 de julio de 2008

Tres bandeiras azuis menos polo lixo

O Concello de Nigrán decidiu retirar temporalmente as bandeiras azuis das praias de Panxón, Patos e Praia América debido á acumulación de lixo trala folga do servizo de limpeza. Tras unha semana de paro xa se superan as 300 toneladas de desperdicios nas rúas da localidade, situación que se agrava polas altas temperaturas que se rexistran estes días.

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Hermida, entende que a falta de limpeza nos areais é “incompatible” cos criterios da bandeira azul, polo que ata que se retomen as tareas, estes tres areais non locirán este distintivo.