Buscar/Hemeroteca

Cargando...

miércoles, 30 de julio de 2008

Sousas diversificará a súa oferta con augas con sabor a froitas

A moda dos refrescos sen azucre chega tamén a Galicia. A verinense Aguas de Sousas será a primeira pranta no país que comercializará auga con sabor a froitas.

A iniciativa xorde despois de que a firma realizara un estudo de mercado, que ratificou a elevada demanda deste tipo de refrescos. Entre outros sabores, Sousas sacará ao mercado auga de limón, mazá e melocotón. Está previsto que saian en xaneiro de 2009. A intención da empresa é a de ir sacando ao mercado paulatinamente este novo produto, incrementando a produción se así o demandan os clientes.