Santiago Ruiz renova a imaxe da súa botella

Co propósito de realzar a súa imaxe, Santiago Ruiz procedeu a unha leve renovación estética que consiste en incorporar unha botella de maior altura que lle confire maior elegancia, así como uns pequenos retoques na cápsula e no etiquetado.

Elaborado a partir dunha selección de Albariño e outras variedades autóctonas de O Rosal, Santiago Ruiz é ideal como aperitivo e acompañamento de entrantes fríos, arroces, mariscos e peixes.