Santiago de Compostela vive a súa semana grande

A capital de Galicia prepárase para a súa semana grande, coas Festas do Apóstolo. A ofrenda ao Santo dá paso a unha fin de semana chea de actividades con concertos de Toquinho (sábado), Amaral (martes) ou Loreena Mckennitt (mércores). O luns celébrase o Día de Padrón, cunha serie de actos nos que participarán os alcaldes de ambas localidades.

Precisamente, a vila rosaliana tamén celebra esta fin de semana a Romaría do Santiaguiño, declarada de interese turístico, na que é tradicional que os romeiros suban ao monte polas 129 escaleiras existentes dende a estrada Padrón-Noia.