A regata "Le Figaro" chega a Vigo

A regata para navegantes solitarios “La Solitaire du Figaro” fará escala en Vigo o vindeiro 28 de xullo. O porto olívico será a primeira escala dos 54 navegantes solitarios –cinco deles mulleres- que zarparán esta fin de semana de La Rochelle (Francia). De Vigo sairán rumbo a Cherbourg-Octeville o día 31. A regata rematará o 17 de agosto en L’Aber Wrach.

O evento, que congrega a milleiros de afeccionados á náutica nos portos nos que recala, volverá situar a Galicia no punto de mira dos medios de comunicación europeos máis importantes, encabezados polo diario francés Le Figaro, patrocinador oficial da regata. Na anterior edición, A Coruña fora o porto galego no que recalara esta proba.