Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 17 de julio de 2008

A Real Filharmonía actúa en Santiago dentro de Via Stellae

Continúa a programación do festival Via Stellae, que esta fin de semana leva a Santiago de Compostela á Real Filharmonía de Galicia.

Actuará en San Domingos de Bonaval o domingo ás 20.30 horas cun repertorio de Beethoven e Mozart. Esta fin de semana tamén haberá concertos en Ribeira, Vilalba, Sobrado dos Monxes, Muxía e Redondela. A este respecto, o Partido Popular vén de denunciar que a programación do Via Stellae inclúe a todas as cidades menos a Vigo.