Protocolo a prol da igualdade en Gadisa

O vicepresidente executivo de Gadisa, Roberto Tojeiro, foi un dos empresarios galegos que asinaron un protocolo co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para impulsar o principio de igualdade en aplicación da Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.

Gadisa, empresa de capital 100% galego, asume así o compromiso de reforzar as medidas de igualdade laboral que vén aplicando dende hai anos entre os máis de 5.600 traballadores e traballadoras cos que conta. Gadisa comprométese a fomentar a cultura empresarial igualitaria, integrando o principio de igualdade na xestión dos recursos humanos, a identificar as diferencias entre mulleres e homes e a facer efectiva a corresponsabilidade da vida persoal e profesional, entre outros aspectos.