Primeira promoción do Máster en Dirección e Planificación do Turismo

Saen ao mercado laboral os alumnos do primeiro Máster en Dirección e Planificación do Turismo, impartido pola Universidade de Vigo no Campus de Ourense. Unha vintena de mozos e mozas que deberán loitar por abrirse camiño no sector. “É o momento de escoller cara onde tirar, pero non poden quedar na casa agardando as ofertas de emprego”, sinalou o director do Máster, José Antonio Fraiz. O director apuntou que, ao ser a primeira promoción, de só 20 membros, a demanda será maior.

O Máster en Dirección e Planificación do Turismo volverá o curso que vén para seguir formando profesionais de alto nivel para a dirección e a planificación de empresas, actividades e institucións turísticas. Os interesados deberán preinscribirse antes do 14 de agosto.