Buscar/Hemeroteca

Cargando...

lunes, 28 de julio de 2008

Pazos de Galicia recibe 20 certificacións Q de Calidade Turística

Vinte establecementos da Asociación de Turismo Rural Pazos de Galicia súmanse ás empresas que locen o distintivo Q de Calidade Turística.

Este colectivo, ao que pertencen 30 casas das catro provincias galegas, remata así a primeira fase do seu proxecto de contar, en novembro de 2008, con todos os seus establecementos certificados, o que a converterá na primeira marca en España de turismo rural en contar co 100% das casas certificadas coa Q de Calidade Turística.