Buscar/Hemeroteca

Cargando...

martes, 15 de julio de 2008

Palexco, entre os mellores Centros de Congresos do Mundo

O Pazo de Congresos de A Coruña, Palexco, foi seleccionado como finalista da edición de 2008 do premio ao Mellor Centro de Congresos do Mundo, distinción que concede a Asociación Internacional de Pazos de Congresos (AIPC). Palexco xa quedara clasificado entre os mellores de Europa na anterior edición do premio, convocado en 2006. O centro coruñés quedou incluído no listado de finalistas xunto con outros dous recintos españois: o Centro de Convencións Internacional de Barcelona e o Pazo de Congresos de Valencia.

Enrique Pena, director de Palexco, amosouse satisfeito pola clasificación pois “introducíronse novos criterios de calificación e avaliación da calidade das instalacións e dos servizos, o que incrementou o rigor e a esixencia da competición”.