Buscar/Hemeroteca

Cargando...

miércoles, 30 de julio de 2008

Os sons do Atlántico chegan a Moaña da man do Festival Intercéltico

Moaña (Pontevedra) convértese nun gran esceario, do 31 de xullo ao 3 de agosto, da man do Festival Intercéltico que chega este ano á súa vixésimocuarta edición.

Entre outros, pasarán por esta vila do Morrazo bandas como os irlandeses Four men and a dog, os escoceses Shooglenifty ou a gaiteira galega Susana Seivane. O festival dará paso a toda unha serie de actos enmarcados na Semana do Mar, que finalizará o día 16 co festival internacional O Folklore do Mar.

Entre as actividades previstas, un concurso de pesca deportiva, a Festa do Mexillón (3 de agosto), o V Encontro de Embarcacións Tradicionais (9 de agosto) ou a Festa do Naseiro (14 de agosto).