O Salnés, cara unha marca de calidade para os produtos da horta

A Consellaría do Medio Rural, a través de Agader, e en colaboración cos concellos de O Salnés, está a poñer en marcha un proxecto para a mellora da competitividade e promoción dos produtos e empresas da horta nesta zona. A iniciativa funcionará como experiencia enmarcada na posta en marcha dunha marca de calidade para os produtos da horta a nivel galego. Na comarca de O Salnés emprázanse 280 explotacións de horta distribuídas en 390.000 metros cadrados de invernadoiro e 260.000 metros cadrados ao aire libre.

Para promocionar a iniciativa, realizaranse insercións publicitarias e serán distribuídos 1.500 cartaces e 20.000 trípticos baixo o lema “Produtos da horta do Salnés”, para fomentar o seu consumo.