Buscar/Hemeroteca

Cargando...

martes, 29 de julio de 2008

O sábado en Burela, Feira do bonito, Produart e o festival "Arranchando Culturas"

A vila lucense de Burela celebra este sábado a viséximo cuarta edición da súa festa gastronómica máis emblemática, a Feira do Bonito. Os asistentes poderán degustar o peixe preparado de diferentes formas: cocido, en empanada, á grella… acompañado de pan, viño… e música.

A celebración coincide coa feira Produart, de produtos artesanais e ecolóxicos que se prolongará de venres a domingo na explanada do porto. Nesta feira poden verse produtos de diferentes sectores como a alimentación, a artesanía ou a construción.

Coincidindo con estas dúas citas celébrase en Burela o festival Arranchando Culturas que serve de ponte de unión entre Galicia, Euskadi e Bretaña. O prato forte será o concerto nocturno, que comezará ás 23.00 horas, e que contará coa presenza de Iñaki Plaza e Ion Garmendia (Euskadi), Les Trompettes du Mozambique (Bretaña) e Tres Trebóns (Galicia).