O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés recibe a Carta Europea de Turismo Sostible

O Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés vén de recibir a Carta Europea de Turismo Sostible en áreas protexidas que outorga a rede de parques europeos Europarc e que premia a implantación de principios de turismo sostible nestes espazos.

A zona de influenza abarca a totalidade dos concellos de Entrimo, Lobios e Muíños (en Ourense) e non só o territorio do parque. Definiuse un plan de acción a cinco anos no que se contemplan actuacións dirixidas a fomentar a accesibilidade, a crear rutas específicas para diminuídos, etc.

Ademais, o Parque recibiu o pasado mes de xuño a renovación da Q de Calidade do ICTE, tras superar unha auditoría externa.