Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 24 de julio de 2008

O 70 por cento das páxinas web de viaxes anuncian ofertas falsas

Un estudo da consultora King-eClient revela que o 70% dos portais de viaxes de España anuncian ofertas falsas xa que, ao final, non cumpren as condicións publicitadas. Entre os portais que máis “enganan” aos consumidores están algúns tan coñecidos como os de Spanair, Air Europa ou Marsans, segundo recolle o informe.

Sen embargo, a maioría dos usuarios “acepta” dalgún modo eses erros xa que asume que os primeiros prezos que se publicitan non adoitan ser os finais. Na maioría destas ofertas non se inclúen todos os detalles e servizos, polo que, ao final, o prezo sempre é máis elevado.