Buscar/Hemeroteca

Cargando...

lunes, 28 de julio de 2008

Novo albergue no Camiño

A rede de albergues do Camiño de Santiago vén de sumar un novo establecemento que se inaugurou no mosteiro de Sobrado dos Monxes, tralas obras acometidas no edificio. O acto de inauguración contou coa presenza do conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco.

Por outro lado, a localidade lucense de Sarria acolle estes días un curso da Universidade de Santiago sobre o Camiño e a comunicación.

Entre os ponentes atópanse o catedrático Antón Álvarez Sousa, a profesora de Turismo María Frontal ou o psiquiatra Cipriano Luis Jiménez Casas.