Buscar/Hemeroteca

Cargando...

martes, 22 de julio de 2008

Nace a Sociedade Galega de Talasoterapia

A Sociedade Galega de Talasoterapia nace coa finalidade de profesionalizar o sector e defendelo, así como difundir e promocionar as propiedades terapéuticas que conleva este tipo de turismo.

O presidente do novo colectivo é Jesús Pérez Gil, máximo responsable do Consello de Administración do Talaso Atlántico, quen considera que a asociación debería ter nacido moito antes. O acto de presentación pública da entidade contou coa presenza do director xeral de Turismo, Rubén Lois.