Buscar/Hemeroteca

Cargando...

martes, 15 de julio de 2008

Mondoñedo acolle un encontro de artesáns no Camiño Norte

A localidade lucense de Mondoñedo acollerá, do 18 ao 20 de xullo, o primeiro Encontro de Artesáns no Camiño Norte, no que se darán cita vintecatro artesáns de diferentes disciplinas como o coiro, a forxa, o torneado de madeira, os instrumentos musicais, a cantería ou o vidro.

A iniciativa persegue empregar as potencialidades da zona na promoción e desenvolvemento turístico do municipio, emprazado no Camiño Norte a Compostela.