Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 17 de julio de 2008

Medio Rural homologa o contrato-tipo de compravenda do Ribeiro

O Diario Oficial de Galicia xa publicou a homologación do contrato-tipo que rexerá a compravenda de uva para a súa posterior transformación en viño dentro da D.O. Ribeiro. Con esta prórroga, durante tres campañas máis, complétase a política de estabilidade do sector vitivinícola que xa se iniciara nesta denominación coa sinatura do primeiro contrato homologado, en setembro de 2006.

A práctica totalidade do sector industrial queda así adherido a un contrato no que se fixan uns prezos mínimos de referencia para a venda do quilo de uva das variedades recomendadas entre un 6 e un 10% superior ás cantidades recollidas no primeiro ano de vixencia deste instrumento.