Buscar/Hemeroteca

Cargando...

viernes, 18 de julio de 2008

Medio Rural e Innovación e Industria destinan 60.000 euros á Festa do Albariño

A organización da Festa do Albariño de Cambados contará este ano con senllas achegas de 30.000 euros procedentes das consellerías de Medio Rural e Innovación e Industria. O evento volverá concentrar na vila arousana a milleiros de visitantes, atraídos polas cualidades dos viños Rías Baixas e polos encantos propios de Cambados. Un programa festivo cheo de propostas –entre as musicais atópanse Alaska ou Boney M- será o contrapunto á degustación do viño que, coma sempre, se realizará nos stands do Paseo da Calzada. Participarán corenta e tres adegas de toda a denominación de orixe.

En canto ao concurso oficial, nesta ocasión presentáronse un total de sesenta e catro marcas.
Coincidindo coa festa, Medio Rural organiza, por terceiro ano consecutivo, unha xornada técnica que terá lugar o xoves, 31 de xullo, e na que se analizarán temas como os efectos do mildiu ou os problemas da distribución dos viños.