Buscar/Hemeroteca

Cargando...

lunes, 28 de julio de 2008

Medio Rural amplía a súa colaboración con Ovica

A Consellaría do Medio Rural renovará a contía do convenio de colaboración coa Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) para a implantación dun programa de desenvolvemento de aproveitamentos silvopastorís en montes veciñais en man común e en superficies agrarias abandonadas, co obxectivo de incrementar o emprego na actividade agraria e mellorar a calidade das producións gandeiras.

Durante o ano 2007, a financiación do convenio contribuíu a desenvolver un programa experimental de actuacións destinadas a fomentar a implantación de sistemas extensivos de aproveitamentos silvopastorís, que serviron de pauta para futuros modelos que se poderán establecer nas comarcas rurais de Galicia. Este programa permitiu que se consolidaran 26 proxectos en montes veciñais en man común.