Laxe e Muros estarán conectadas cunha senda peatonal

A Costa da Morte contará cun sendeiro peatonal que unirá as localidades de Laxe e Muros, nun percorrido de aproximadamente 160 kilómetros de lonxitude. As obras do primeiro tramo, que coincide case na súa totalidade co Camiño de Santiago, comezarán en setembro entre Muxía e Fisterra. A intención é que este primeiro treito estea listo na próxima primavera e terá vinteoito kilómetros de longo.

A da Costa da Morte será unha das catro rutas a través de sendas que se abrirán en Galicia dentro da coñecida como Rede de Camiños Naturais de Galicia. “Este proxecto meterá á Costa da Morte na rede nacional de Camiños Naturais”, sinalou o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.