Buscar/Hemeroteca

Cargando...

miércoles, 23 de julio de 2008

Itinerario musical por Ourense

A editorial Ouvirmos vén de editar un itinerario musical pola cidade das Burgas, que se suma a outros de localidades como Celanova ou Pontevedra.

A publicación propón coñecer a cidade pola súa vinculación coa música, nun percorrido de dúas horas e media de duración que comprende 26 puntos de interese, entre eles, a Ponte Vella, a catedral, o Liceo ou prazas como a de Los Suaves ou a do Trigo. O autor da guía é Richard Rivera.