Innovación e Industria estuda declarar Festa de Interese Turístico o Festival de Pardiñas

A Consellería de Innovación e Industria vén de asinar un convenio coa asociación Xérmolos para colaborar na celebración do Festival de Pardiñas 2008, que cumpre 29 anos de éxitos no concello lucense de Guitiriz. Innovación, a través da S.A. de Xestión do Xacobeo, vén amosando o seu compromiso co certame nos últimos tres anos con achegas que, co presente convenio, suman un total de 160.000 euros.

O festival é un pulo para a comarca, por iso o departamento que dirixe Fernando Blanco está a estudar a solicitude da organización para declarar o certame como Festa de Interese Turístico. Na última edición acudiron ao festival unhas 25.000 persoas, cunha gran repercusión no sector hostaleiro da zona.