Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 31 de julio de 2008

González Laxe sinala o turismo como base da estratexia para crear unha

O expresidente da Xunta, Fernando González Laxe, analiza no diario El País o que significa a creación dunha marca-país e os diferentes factores que inflúen na súa estratexia.

Seguindo a Anholt, Laxe sinala que as estratexias de marketing de marca-país combinan seis dimensións, sendo a primeira delas o turismo, “como a máis visible”, destaca. Outras dimensións relacionadas son a base exportadora, a política, a inversión e inmigración, a cultura e a xente, aspecto no que están a incidir varias campañas recentes.

González Laxe insiste en que Galicia ten gañado moito nos últimos anos no eido da imaxe do país remitíndoa á vontade e á confianza das persoas e destaca que a autonomía política ten dado “ás” para visualizar a nosa identidade como país.