Galicia queda excluída case na súa totalidade do arranque de viñedos da OCM

A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa,asegurou que as viñas de Galicia están “blindadas” case ao cento por cento ante a eliminación voluntaria de 450.000 hectáreas en toda Europa que propón a nova OCM do viño. Espinosa lembrou, ademais, que antes da reforma a Comisión Europea propuxo un primeiro borrador no que se prevía o arranque obrigatorio de 600.000 hectáreas de viñedo en toda Europa, pero finalmente esta cifra reduciuse.

No caso de Galicia, este aspecto non terá a penas impacto xa que queda excluída, nuns casos por estaren as viñas en zonas sensibles dende o punto de vista medioambiental e noutros, dado o pequeno tamaño das parcelas, “e isto proxete ao 85% das viñas galegas”, salientou.