Galicia libre de transxénicos

A Plataforma Galega Antitransxénicos iniciou unha campaña de envíos masivos de mocións aos diferentes concellos galegos para que cada unha desas unidades territoriais sexan declaradas Zona Libre de Transxénicos (ZLT), así como para apoiar iniciativas de cara a frear a entrada de organismos modificados xeneticamente en Galicia. O colectivo, tras entrevistarse co conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, insiste na “falta de compromiso” da Consellaría para acadar a declaración de Galicia como ZLT, polo que decidiu apelar á administración local.

A Plataforma critica a “pasividade e mesmo a permisividade” amosada pola Xunta ao respecto da contaminación transxénica do agro galego e incluso denuncia a “influenza” dos grupos de presión da industria biotecnolóxica na toma de decisións da Comisión Europea.