Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 17 de julio de 2008

Gadisa inaugura o sétimo establecemento do 2008

Gadisa, empresa líder de distribución con capital 100% galego, suma xa 192 supermercados Gadis coa inauguración do sétimo establecemento no que vai de ano, co que xenera 24 postos de traballo directos.

A apertura do supermercado Gadis de Valladolid consolida a expansión de Gadisa na comunidade de Castela León, onde recentemente inaugurou outro e conta xa con 42 puntos de venda. O novo Gadis conta cunhas modernas instalacións de 900 metros cadrados.