Festa da Dorna, unha broma que dura sesenta anos

A localidade coruñesa de Ribeira prepárase para a LX Festa da Dorna, na que esperan recibir a uns 60.000 visitantes. Entre os actos previstos destacan un descenso de carrilanas, concertos, xogos en terra e no mar e o tradicional concurso de “embarcasións feitas a machada e propulsadas a pan de millo”, un auténtico espectáculo dos máis estrafalarios artiluxios que acaban na auga.

A festa, de interese turístico galego, desenvolverase do 18 ao 26 de xullo. A Festa da Dorna xurdiu como unha broma en 1948, cando un grupo de mozos da localidade anunciaron o sorteo dunha embarcación tradicional e, chegado o día do sorteo, o 24 de xullo, apareceron cunha maqueta dunha dorna.