Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 17 de julio de 2008

A "Sardiña de San Xoan" gañou o concurso de tapas de Santiago

A tapa “Sardiña de San Xoan”, presentada polo restaurante Acio foi a gañadora do concurso Santiago (e) Tapas, co que leva un premio de 1.000 euros. A sinxeleza do prato foi o que o fixo vencedor: lombo asado de sardiña sobre un leito de pementos de Padrón e pan, todo elo presentado sobre unha lousa. Tamén recibiron premio os restaurantes Garum Bistró, Madame Ragú, Tapería Bokados, o Mesón San Lázaro e o restaurante Casal do Cabildo.

Unha das próximas citas, dentro dos innumerables concursos de tapas que se celebran por toda España, será o IV Concurso Nacional de Pinchos e Tapas Ciudad de Valladolid que terá lugar en outubro.